Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 18 de novembro de 2020 Páx. 45616

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 20 de outubro do 2020 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Lammar II.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Lammar II e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante escrito con data do 9 de outubro do 2020, Cristóbal Carballo Leiro solicitou autorización para a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Lammar II.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro); e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Terceira. No artigo 24.2 da Orde do 13 de setembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para investimentos produtivos en acuicultura cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se procede á súa convocatoria para o ano 2016, sobre cesión ou transmisión das axudas, establécese que no documento público da transmisión deberá o novo propietario subrogarse en todas as obrigas contraídas polo transmitente e, en particular, deixar constancia da axuda concedida así como non efectuar ningunha modificación fundamental.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Cristóbal Carballo Leiro (78734979E), da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Lammar II.

Situación:

Cuadrícula nº: 53.

Polígono: D.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 23.10.1959.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Dolores Leiro Paz.

Novo titular: Cristóbal Carballo Leiro (78734979E).

Importe da axuda: 7.000,00 €.

O novo titular da concesión subrógase nos dereitos e obrigas do anterior.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 20 de outubro do 2020

A conselleira do Mar
P.D. (Orde 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo