Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 18 de novembro de 2020 Páx. 45553

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2020 pola que se amplía a dotación orzamentaria da convocatoria de subvencións dos programas de fomento de mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018–2021, para o ano 2020.

O 26 de febreiro de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 6 de febreiro de 2020 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación xestionadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo para o ano 2020.

No punto tres do ordinal terceiro da citada resolución sinálase que as contías establecidas nestas convocatorias poderán ser obxecto de ampliación mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo e terán efecto logo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 30 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

No ordinal décimo terceiro da dita resolución convócanse as subvencións para rehabilitar vivendas e edificios de vivendas dos programas de fomento de mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018–2021 (en diante, Plan 2018-2021), para o exercicio 2020, con carácter plurianual (código de procedemento VI422E).

Tendo en conta que o crédito fixado na convocatoria do ano 2020 é insuficiente para atender o importante número de solicitudes de axuda presentadas no programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas, e que moitas delas son susceptibles de concesión inmediata, considérase necesaria unha nova ampliación do crédito establecido inicialmente na convocatoria.

De conformidade co artigo 30.2 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e co punto tres do ordinal terceiro da Resolución do 6 de febreiro de 2020, é competente para ditar esta resolución a persoa titular da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Polo exposto,

RESOLVO:

Único. Ampliar a dotación orzamentaria para a convocatoria de subvencións do programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan 2018-2021, para o exercicio 2020.

O incremento da dotación afectará as anualidades 2020 e 2021 do proxecto 2018 00006 (Programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas) da aplicación 07.83.451A.780.6, conforme o seguinte cadro:

Liña B, de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da
accesibilidade en vivendas

Aplicación

2020

2021

Crédito inicial+

1ª ampliación

2ª ampliación

Crédito inicial

Ampliación

07.83.451A.780.6

2018 00006-FFE

1.000.000 €

4.017.000,00 €

1.500.000€

384.000 €

07.83.451A.780.6

2018 00002-FCA

800.000 €

00,00 €

500.000 €

00,00 €

Total

1.800.000 €

4.017.000,00 €

2.000.000 €

384.000 €

Esta ampliación non implica a apertura do prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo do prazo máximo para resolver.

Esta resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2020

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo