Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Martes, 17 de novembro de 2020 Páx. 45466

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 3 de novembro de 2020 polo que se notifica a incoación e prego de cargos do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade POL/62/2016-RP2.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 14 de setembro de 2020, incoar expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade, por actuacións abusivas dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Lagartos, termo municipal da Guarda (Pontevedra).

Ao non poder realizar a notificación persoal da incoación a Marcial Pérez Cabadas, mediante o presente anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a devandita incoación mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da incoación que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado dispón dun prazo de quince (15) días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes e, de ser o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2020

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística