Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Martes, 17 de novembro de 2020 Páx. 45467

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 3 de novembro de 2020, do Servizo Provincial de Ourense, polo que se notifica o trámite de audiencia efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra do eixe de comunicacións A-52–fronteira portuguesa. Treito V.A.C. A-52 Celanova sur, clave OU/01/101.01.75.1, no concello da Merca.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, resultando descoñecido o domicilio dos titulares, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o trámite de audiencia efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra do eixe de comunicacións A-52fronteira portuguesa. Treito V.A.C. A-52 Celanova sur, clave OU/01/101.01.75.1, no concello da Merca.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial de Ourense da AXI, sita na rúa Saenz Díez, nº 1, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento. A dita comparecencia deberá ser confirmada a través do sistema de cita previa no teléfono 988 38 62 47. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

Ourense, 3 de novembro de 2020

Marcos Buide Pollán
Xefe do Servizo Provincial de Ourense

ANEXO

Clave de obra

Predio

Interesada

Acto que se notifica

OU/01/101.01.75.1

1510

Comunidade Veciñal de Montes de Solveira

Trámite de audiencia