Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Martes, 17 de novembro de 2020 Páx. 45372

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 26 de xuño de 2020 pola que se autoriza o centro privado plurilingüe Liceo La Paz, da Coruña, para impartir ensinanzas de formación profesional na modalidade semipresencial e/ou a distancia.

Advertidos erros na Orde do 26 de xuño de 2020, que se cita, publicada no DOG número 141, do 16 de xullo de 2020, cómpre facer as seguintes correccións:

– Na páxina 28269, no artigo 1.1, onde di: «1. Autorizar... o ciclo formativo de grao superior (CS) Dietética e Nutrición...», debe dicir: «1. Autorizar... o ciclo formativo de grao superior (CS) Dietética...».

– Na páxina 28271, no artigo 1.2.b), onde di: «1 CS Dietética e nutrición (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha)», debe dicir: «1 CS Dietética (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha)».

– Na páxina 28272, no artigo 1.2.c), onde di: «CS Dietética e nutrición», debe dicir: «CS Dietética».