Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Martes, 17 de novembro de 2020 Páx. 45457

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2020 pola que se autoriza a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora da concesión administrativa e da batea Rianxo III.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da concesión administrativa e da batea Rianxo III, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 14 de agosto de 2020, Rosa Fungueiriño Suárez solicitou autorización para transmisión mortis causa mediante pacto de mellora da concesión administrativa e da batea Rianxo III.

Segundo. O informe da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica sobre a tramitación do expediente é favorable.

b) Consideración legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente consonte a Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 xuño, de dereito civil de Galicia (DOG número 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Por todo o anterior,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora, a favor de Sergio Buela Fungueiriño (***8809**), da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Rianxo III.

Localización:

Cuadrícula nº: 180.

Polígono: E.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 20.5.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Rosa Fungueiriño Suárez (***6010**).

Novos titulares: Rosa Fungueiriño Suárez (***6010**) e Sergio Buela Fungueiriño (***8809**).

Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas da anterior.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous (2) meses, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 23 de outubro de 2020

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña