Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Venres, 13 de novembro de 2020 Páx. 45189

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO de notificación do requirimento de cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas a titulares aos cales non foi posible notificar por causas non imputables a este concello (expediente 2020/G003/000765).

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (LPDCIF), en relación co artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e debido a que os titulares do inmoble que se relaciona a continuación non puideron ser notificados por causas non imputables ao Concello de Ordes, notifícase ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas na parcela que se describe, imposta pola LPDCIF no artigo 22.1, no prazo de quince (15) días, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, se atopa á disposición dos interesados nas oficinas municipais do Concello de Ordes, situadas na rúa Alfonso Senra, nº 108, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Identificación do predio

Identificación da persoa responsable

Título polo cal é considerada responsable

Predio 864 da Zona de Concentración Parcelaria de Parada II (Ordes-A Coruña)

Herdeiros de Nicolás Veiras Couselo

Ficha de atribucións da Zona de Concentración Parcelaria de Parada II (Ordes-A Coruña)

Ordes, 30 de outubro de 2020

José Luís Martínez Sanjurjo
Alcalde