Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Venres, 13 de novembro de 2020 Páx. 45131

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 89/2020).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 89/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Tarrío Martínez contra Noyamóvil, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Que debo estimar a demanda presentada por instancia de Marcos Tarrío Martínez contra a entidade Noyamóvil, S.L. e Fogasa, que non comparecen, con intervención do Ministerio Fiscal e, en consecuencia, debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento efectuado pola demandada con efectos do 20.1.2020, e debo condenar e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir dende a data efectiva do despedimento ata a notificación desta sentenza a razón de 56,29 euros diarios, ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento ao demandante dunha indemnización de 40.527,99 euros por despedimento improcedente.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador e a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

Notifíquese ás partes, Fogasa e Ministerio Fiscal a presente resolución.

Modo de impugnación. Advírtense as partes que contra a presente resolución poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente-causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co núm. 1596 clave 65, e indicar no campo concepto «recurso» seguido do código «34 Social Suplicación», acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Noyamóvil, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza