Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Venres, 13 de novembro de 2020 Páx. 45124

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO (872/2018).

Eu, Pilar Sández González, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, mediante o presente edicto, anuncio:

Neste procedemento JVB 872/2018, seguido por instancia de Laura Salceda Dourado fronte a Constantino Salceda Rodríguez e Marta Dourado Ordóñez, ditouse sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza

Vigo, o 11 de decembro de 2019

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo verbal sobre alimentos entre parentes co número 872/2018, promovidos por Laura Salcedo Dourado, representada pola procuradora Sra. Pazo Irazu e asistida da letrada Sra. Vázquez Álvarez, contra Constantino Salceda Rodríguez, representado polo procurador Sr. Soaje Renard e asistido do letrado Sr. Vila Pérez, e contra Marta Dourado Ordóñez, en situación procesual de rebeldía...

Resolvo:

Admitindo parcialmente a demanda promovida pola representación de Laura Salcedo Dourado contra Constantino Salceda Rodríguez e Marta Dourado Ordóñez, debo condenar e condeno os demandados a lle aboar á demandante a cantidade de 1.000 euros mensuais en concepto de alimentos, que se distribúen a razón de 750 euros a cargo de Constantino Salceda Rodríguez e de 250 euros a cargo de Marta Dourado Ordóñez.

As devanditas mensualidades percíbense desde a data de interposición da demanda (16 de novembro de 2018) e deberanse aboar na conta que para o efecto designe a demandante.

Non se fai expresa imposición das custas procesuais.

Notifíqueselles ás partes.

Contra a presente resolución cabe recurso de apelación, que se deberá interpor ante este xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación, para a Audiencia Provincial de Pontevedra».

Ao encontrarse a devandita demandada, Marta Dourado Ordóñez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación na forma a esta.

Vigo, 29 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza