Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Xoves, 12 de novembro de 2020 Páx. 44909

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2020 pola que se anuncia a convocatoria de axudas de acción social para o persoal da institución correspondentes ao exercicio 2020.

A Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia, na súa reunión do 3 de novembro, aprobou as bases reguladoras para a concesión das axudas ao seu persoal encadradas dentro dos fondos de acción social para o exercicio 2020: axudas para a atención a discapacitados. As ditas bases están expostas no taboleiro de anuncios da institución, quedando aberto o prazo de presentación de solicitudes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, durante quince (15) días hábiles.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2020

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior