Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Xoves, 12 de novembro de 2020 Páx. 44997

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1218/2017).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1218/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Cacheiro Pardal contra Fondo de Garantía Salarial e Ray Human Capital, S.A., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución con data do 23.9.2020 na cal consta a seguinte parte dispositiva:

«Decido.

Estímase parcialmente a demanda formulada por Marcos Cacheiro Pardal fronte á empresa Ray Human Capital, S.A., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Ray Human Capital, S.A. a aboar ao demandante a cantidade de vinte e tres mil cincocentos noventa e catro euros con catorce céntimos de euro (23.594,14 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloverés, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ray Human Capital, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza