Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Mércores, 11 de novembro de 2020 Páx. 44777

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 406/2017).

Eu, Elena Pereira Bernárdez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 406/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel González Álvarez contra a empresa Lodri 2015, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Que estimando integramente a demanda interposta por Manuel González Álvarez contra Lodri 2015, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de 456,86 euros brutos polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución sobre os conceptos salariais -que comportan 255,76 euros-, e o xuro do artigo 1108 do Código civil desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución sobre os conceptos indemnizatorios -que comportan 201,10 euros-.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a esta non cabe recurso.

E para que sirva de notificación en legal forma a Lodri 2015, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza