Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Martes, 10 de novembro de 2020 Páx. 44591

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo polo que se actualizan as táboas salariais do convenio colectivo de guindastres móbiles autopropulsados de Galicia.

Visto o texto do acordo polo que se actualizan as táboas salariais do convenio colectivo de guindastres móbiles autopropulsados de Galicia (82000945012008), subscrito entre a representación empresarial AERGA e os representantes das organizacións sindicais CC.OO. e UGT, e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2 e 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo,

Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Regcon), creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010.

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2020

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Acta da comisión paritaria do convenio colectivo de guindastres móbiles
autopropulsados de Galicia

En Santiago de Compostela o 29 de xullo de 2020, ás 12.00 horas, reúnense as persoas que a continuación se mencionan, que forman a comisión paritaria do convenio colectivo de guindastres móbiles autopropulsados de Galicia.

Parte sindical:

Pedro Beade Roel (CC.OO.).

Miguel Ángel Reboiras Casais (UGT).

Martín Martínez Figueiro (UGT).

Parte empresarial:

José Jesús Fernández Costa.

Saturnino Valderrábano Mayo.

Miguel Galego Castro.

José Carlos García Cumplido.

Xúntase a comisión paritaria para o efecto de actualizar as táboas salariais do convenio colectivo de guindastres autopropulsados de Galicia do ano 2020. Logo das oportunas deliberacións e debate sobre a cuestión obxecto da xuntanza, esta comisión paritaria acorda:

Primeiro. As táboas salariais do ano 2020 actualizaranse segundo o previsto no convenio colectivo de aplicación ao sector, cun incremento do 0,8 %, que se corresponde con incremento do IPC real do ano 2019. O incremento terá efectos a partir do 1.1.2020. As ditas táboas, debidamente actualizadas, xúntanse como anexo á presente acta.

Segundo. Delegar no funcionario do Consello Galego de Relacións Laborais, Ignacio Bouza Gil, a realización dos trámites necesarios para proceder ao rexistro, depósito e publicación do presente acordo ante a autoridade laboral competente.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a xuntanza ás 12.15 horas e as partes asinan a presente acta en proba de conformidade.

Convenio de guindastres móbiles autopropulsados de Galicia

Táboas salariais (IPC 0,8 %)

2020

Persoal de produción:

Salario base:

Persoal condutor de guindastre móbil provisto de carné A

Ata 50 t

1.314,69 €

De 51 t a 130 t

1.372,44 €

Persoal condutor de guindastre móbil provisto de carné B

De 131 t a 500 t

1.518,52 €

De máis de 500 t

1.664,60 €

Persoal condutor operador de guindastre articulado

1.314,69 €

Persoal axudante

1.183,34 €

Persoal condutor

1.408,11 €

Persoal mecánico oficial 2ª

1.183,34 €

Persoal mecánico oficial 1ª

1.183,34 €

Persoal xefe de taller

1.585,33 €

Persoal axudante

1.131,96 €

Ordenanza

1.123,73 €

Persoal de limpeza

1.123,73 €

Complemento de posto de traballo:

Persoal condutor de guindastre móbil provisto de carné A

Ata 50 t

157,40 €

De 51 t a 130 t

212,89 €

Persoal condutor de guindastre móbil provisto de carné B

De 131 t a 500 t

293,29 €

De máis de 500 t

458,61 €

Persoal condutor de guindastre articulado (sobre camión)

157,40 €

Complemento de posto de traballo:

Persoal mecánico oficial 2ª

177,50 €

Persoal mecánico oficial 1ª

236,67 €

Persoal técnico e de administración

Persoal titulado de grao superior

1.454,28 €

Persoal titulado de grao medio

1.263,81 €

Persoal xefe de administración

1.296,18 €

Persoal oficial administrativo

1.193,67 €

Persoal auxiliar administrativo

1.113,42 €

Persoal comercial

1.193,67 €

Persoal telefonista

1.102,33 €

Importe das axudas de custo

En Galicia:

Comida

10,58 €

Cea

10,58 €

Pernoita (incluído almorzo)

26,44,

Resto de España e Portugal:

Comida

12,69 €

Cea

12,69 €

Pernoita (incluído almorzo)

31,73 €