Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Martes, 10 de novembro de 2020 Páx. 44595

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2020 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 19 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas, para os anos 2020-2021, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN421G).

Mediante a Resolución do 19 de xuño, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia número 129, do 1 de xullo, establecéronse as bases reguladoras e convocáronse subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas, para os anos 2020-2021, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

O financiamento da convocatoria correspóndese con fondos comunitarios derivados do programa Galicia 2014-2020 Feder nun 80 %.

No transcurso do procedemento administrativo de concesión das axudas, cando xa rematou o prazo de presentación de solicitudes (3.8.2020), nalgunha das epígrafes o número de solicitantes é inferior ao agardado, mentres que noutras o volume de axuda solicitada superou a dispoñibilidade orzamentaria, cómpre facer unha redistribución de fondos entre as distintas epígrafes para poder atender todas as solicitudes presentadas.

De acordo co disposto no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o anterior, coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recursos públicos, maximizando o impulso das enerxías renovables atendendo a totalidade das solicitudes en cada unha das epígrafes da convocatoria.

RESOLVO:

Primeiro. Modificar o crédito destinado ás subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas, para os anos 2020-2021, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, que se redistribúe do seguinte xeito:

Liña de axuda

Destinatarios

Aplicación orzamentaria

Dotación orzamentaria inicial

Modificacións

Dotación orzamentaria final

Importe anualidade 2020

Importe anualidade 2021

Dotación orzamentaria total inicial

Modificacións dotacións totais

Dotación total

final

Importe anualidade 2020

Importe anualidade 2021

Biomasa

Administración pública local

09.A2.733A.760.5

650.000,00 €

40.000 €

690.000,00 €

262.000,00 €

952.000,00 €

862.188,68 €

89.811,32 €

Empresas e autónomos

09.A2.733A.770.5

625.000,00 €

100.000 €

725.000,00 €

-395.000,00 €

330.000,00 €

298.867,92 €

31.132,08 €

Entidades sen fins de lucro

09.A2.733A.781.1

125.000,00 €

10.000 €

135.000,00 €

213.000,00 €

348.000,00 €

315.169,81 €

32.830,19 €

Xeotermia

Empresas e autónomos

09.A2.733A.770.6

450.000,00 €

45.000 €

495.000,00 €

-75.000,00 €

420.000,00 €

380.377,36 €

39.622,64 €

Aerotermia

Empresas e autónomos

09.A2.733A.770.6

500.000,00 €

50.000 €

550.000,00 €

18.000,00 €

568.000,00 €

514.415,10 €

53.584,90 €

Solar térmica

Empresas e autónomos

09.A2.733A.770.6

50.000,00 €

5.000 €

55.000,00 €

-23.000,00 €

32.000,00 €

28.981,13 €

3.018,87 €

Total

2.400.000 €

250.000 €

2.650.000,00 €

0,00 €

2.650.000,00 €

2.400.000 €

250.000 €

Segundo. A presente modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2020

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia