Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Luns, 9 de novembro de 2020 Páx. 44548

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salceda de Caselas

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa (expediente 2314/2020).

Ao non ser posible a práctica da comunicación ao titular da referencia catastral que se relaciona a continuación, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 36/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezarán a contarse desde a publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento, procedan á xestión da biomasa segundo o establecido no artigo 21 e seguintes da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire esta lei.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de Salceda de Caselas, situadas na Praza do Concello, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Referencia catastral

Expediente

Titular

36049A017002520000kx

2314/2020

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

Salceda de Caselas, 27 de outubro de 2020

Mª Dolores Castiñeira Alén
Alcaldesa