Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Luns, 9 de novembro de 2020 Páx. 44469

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (SSS 576/2019).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 576/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Martín Varela Ameijenda contra o Instituto Social da Mariña, Globalgas, S.A., Fremap, Mutua Colaboradora con la Seguridad Social nº 61, Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), sobre seguridade social, ditouse sentenza coa seguinte parte dispositiva:

«Decido que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por José Martín Varela Ameijenda contra o Instituto Social da Mariña, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a entidade Globalgas, S.A. e Mutua Frempa, Mutua Colaboradora con la Seguridad Social nº 61, e, en consecuencia, debo absolvelas das pretensións formuladas na súa contra.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a notificación desta sentenza, por comparecencia ou por escrito, pasados os cales quedará firme e procederase ao seu arquivamento.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola maxistrada xuíza que a subscribe, no día da data, celebrando audiencia pública e na miña presenza, letrada da Administración de xustiza, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Globalgas, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza