Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Venres, 6 de novembro de 2020 Páx. 44342

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Caldas de Reis

EDICTO (xuízo verbal 266/2019).

Natalia Senín Casas, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Caldas de Reis, polo presente anuncio:

No presente procedemento jucio verbal seguido por instancia de Inturasa Pérez Rumbao, S.A. fronte a Trans Dalia e Juanillo, S.L. se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza

Caldas de Reis, 9 de decembro de 2019.

Demandante: Inturasa Pérez Rumbao S.A.

Letrada: Mª Irene Santana Carneiro.

Procurador: José Manuel Domínguez Liño.

Demandada: Trans Dalia e Juanillo S.L. (en rebeldía).

Obxecto: reclamación de cantidade derivada de contrato de prestación de servizos.

– Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decido

Estímase na súa integridade a demanda interposta por Inturasa Pérez Rumbao, S.A. contra Trans Dalia e Juanillo, S.L. e, en consecuencia, condénase a entidade demandada a aboar á demandante a cantidade de catro mil catrocentos trinta e catro euros (4.434 €) máis o xuro regulado na Lei 3/2004, devindicado con posterioridade á data de interposición da demanda (25.6.2019).

Imponse á demandada o pagamento das custas procesuais.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación, que se poderá interpoñer ante este xulgado no termo de vinte días desde a notificación, logo de constitución de depósito de 50 euros na conta deste xulgado.

Así o acorda Cristina Sánchez Neira, maxistrada titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Caldas de Reis.

E atopándose devandito demandado, Trans Dalia e Juanillo, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Caldas de Reis, 9 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza