Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Venres, 6 de novembro de 2020 Páx. 44307

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2020 pola que se procede ao nomeamento, como persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017.

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 31 de marzo de 2017 (DOG núm. 69, do 7 abril), e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública, do 1 de outubro de 2020 (DOG núm. 202, do 6 de outubro), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,

DISPÓN:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais ou definitivos, segundo o disposto na base IV.5, os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día 9 de novembro de 2020.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2020

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Núm.

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Destino

Código do posto

Cons.

Denominación

Subgr.

Nivel

Centro destino

Centro directivo

Concello

1

***8099**

Río Mosquera, Luis

1

Provisional

FCC040000215770016

FC

Técnico/a financeiro/a

A1, A2

25

S. X. de Recursos e Análise Orzamentaria

Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos

Santiago de Compostela

2

***9906**

Penas López, María Belén

Definitivo

FCA291000015001117

FC

Xefatura de equipo

A1, A2

25

Axencia Tributaria de Galicia (Servizos periféricos)

Servizo Provincial de A Coruña

A Coruña