Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Xoves, 5 de novembro de 2020 Páx. 44180

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

CÉDULA do 22 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a comunicación de inicio do procedemento sancionador por infracción da persoa traballadora ou asimilada, beneficiaria de prestacións por desemprego (expediente 77592875Y/04-09-2020/2.1.D).

Intentada a notificación persoal da comunicación do inicio do procedemento sancionador por infraccións na orde social ditada pola xefa territorial da Consellería de Emprego e Igualdade de Lugo, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a efectuar esta notificación por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) á persoa interesada que se sinala no anexo, co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e queda supeditada a súa eficacia á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, fáiselle saber á persoa interesada que segundo o disposto no punto 3, do artigo 37 bis, do Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións na orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 928/1998, do 14 de maio, dispoñen de quince (15) días hábiles seguintes ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado (BOE), para presentar por escrito en calquera dos lugares recollidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as alegacións que xulgue oportunas, documentalmente acreditadas, dirixíndoas á oficina de emprego que lle corresponda.

A persoa interesada durante ese prazo poderá comparecer a efectos do coñecemento e constancia do texto íntegro da comunicación de inicio, ante as dependencias da oficina de emprego que corresponda das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen presentar alegacións en tempo e forma, ditarase a correspondente resolución por parte desta xefatura territorial, que dispón dun prazo de seis (6) meses, desde a data do acordo, para notificar a resolución pertinente.

Lugo, 22 de outubro de 2020

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Persoa interesada

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

1

Jorge Luis Rubal Rico

77592875Y/04-09-2020/2.1.D

Inicio procedemento sancionador

Lugo