Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Xoves, 5 de novembro de 2020 Páx. 44182

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente PCH-2020/59.

De conformidade co disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Explotacións Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sito na rúa Mª Victoria Moreno, número 43, Edificio Administrativo, 2º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa.

Transcorrido o devandito prazo sen compareceren, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 20 de outubro de 2020

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PCH-2020/59.

Interesado: 76824032F.

Acto de notificación: requirimento.