Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Mércores, 4 de novembro de 2020 Páx. 43966

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación urbana, nos ámbitos dos predios propiedade do Invied e do Ministerio de Defensa sitos na avenida de Manuel del Palacio, número 7, e na rúa de Rosalía de Castro, número 41, e aprobación do borrador do convenio de colaboración urbanística que se vai subscribir entre o Concello de Pontevedra e o Invied.

O Pleno do Concello de Pontevedra, na sesión que tivo lugar o día 21.9.2020, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«(...) Primeiro. Prestar aprobación inicial ao “Proxecto de modificación puntual do PXOU do Concello de Pontevedra, nos ámbitos dos predios propiedade do Invied e Ministerio de Defensa sitos en “Campolongo”, entre as rúas “General Antero Rubín-avenida María Victoria Moreno (antes, avenida Fernández Ladreda), rúa Sebastián González García-Paz e rúa da Tablada” e “Mollavao norte”, delimitado entre as rúas “Manuel del Palacio, núm. 7-Rosalía de Castro, núm. 41”; instrumento urbanístico redactado polo arquitecto José Carlos Valcárcel Pedreda, datado en outubro de 2019 e conformado pola arquitecta municipal da OTAP e ao texto do “Convenio de colaboración urbanística subscrito entre o Concello de Pontevedra e o Invied” (...), que se incorpora ao proxecto de instrumento urbanístico xunto co informe ambiental estratéxico e os demais informes sectoriais e das empresas ou entidades dos sistemas de infraestruturas de servizos e empresas subministradoras emitidos.

Segundo. Dispoñer o sometemento de todos os documentos integrantes do expediente tramitado, incluído o resumo executivo, a información pública, polo prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de edictos do Concello de Pontevedra, na sede electrónica do Concello www.sede.pontevedra.gal e nun dos xornais de maior difusión da provincia, con comunicación do acordo á Delegación de Economía e Facenda da provincia e con notificación individual ao Invied e aos interesados que figuren no catastro e, todo isto aos efectos de que durante tal período poidan formularse as alegacións e suxestións oportunas, computando o remate do amentado prazo de alegacións dende a data de publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia ou notificación individual se fose posterior e dilixenciándose a documentación exposta pola Secretaría da Administración Municipal. (...)».

Cuarto. Dispoñer a suspensión das licenzas de edificación, parcelamento e/ou demolición no ámbito territorial obxecto da presente modificación e que se concreta no plano do resume executivo, que será obxecto de publicación xunto cos anuncios da aprobación inicial, con referencia ao proxecto de modificación puntual e respecto da nova normativa proposta. (...)».

Durante o período de información pública, o texto íntegro da modificación puntual e do convenio, debidamente dilixenciados, xunto co correspondente expediente administrativo, estarán depositados nos servizos urbanísticos municipais, sitos na rúa dos Ferreiros, núm. 28, primeiro andar, 36071 Pontevedra, en horario de oficina, para que poida ser consultado, previa cita (que poderá ser concertada a través da sede electrónica do Concello de Pontevedra (sede.pontevedra.gal) seleccionando as opcións Oficina: Urbanismo; Trámite: Planeamento e Xestión Urbanística e Ordeación do Territorio) ou ben no teléfono 986 80 43 00. Extensión 7514), sen prexuízo do seu acceso electrónico a través da sede electrónica do Concello. Así, infórmase que nestas datas xa se atopa publicado na sede electrónica do Concello de Pontevedra (ligazón exacta a día de hoxe: http://www.pontevedra.gal/areas/urbanismo-e-territorio/planeamento-urbanistico/planeamento-en-tramitacion/) o contido íntegro do documento aprobado inicialmente polo Pleno do Concello de Pontevedra, en cumprimento do disposto no artigo 7 da Lei 19/2013, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

Resumo executivo.

O resumo executivo poderá consultarse na sede electrónica do Concello de Pontevedra, introducindo o CSV JPZH9IBIH8XUN2V1.

Plano situación delimitación ámbitos da modificación e da suspensión de licenzas

missing image file

Pontevedra, 25 de setembro de 2020

Miguel Anxo Fernández Lores
Alcalde