Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Mércores, 4 de novembro de 2020 Páx. 43925

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo

EDICTO (313/2019-F).

María José Núñez Abeledo, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Cafés Candelas, S.L. fronte a Nicolae Plesa ditouse sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva é o seguinte:

«Sentenza.

Xuíz que a dita: maxistrado xuíz Deaño Rodríguez.

Lugar: Lugo.

Data: vinte e un de decembro de dous mil dezanove.

Demandante: Cafés Candelas, S.L.

Avogada: Eva López Peña.

Procurador: José Carlos Lagüela Andrade.

Demandado: Nicolae Plesa.

Procedemento: procedemento ordinario 313/2019-F.

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada polo procurador José Carlos Lagüela Andrade en nome e representación da entidade Cafés Candelas, S.L. contra Nicolae Plesa e declaro a resolución do contrato con data do 7 de decembro de 2016 celebrado entre as partes. Así mesmo, condeno o demandado a que aboe á demandante a cantidade de oito mil douscentos vinte e nove euros con oitenta céntimos (8.229,80 €) máis os xuros descritos no fundamento xurídico terceiro desta resolución.

Condénase en custas a parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que fronte a ela pode interpoñerse recurso de apelación ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina José Luis Deaño Rodríguez maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo e do seu partido».

E atopándose o dito demandado, Nicolae Plesa, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Lugo, 19 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza