Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras-parcela U2, rúa Aller Ulloa, Ramón María, nº 9, 27003 Lugo.
Denominación: reforma y automatización del CS 858 Cortiñas.
Situación: concello de Barreiros.
Características técnicas:
• Liña subterránea de alta tensión a 20 kV, con orixe nun paso aéreo a subterráneo situado no apoio existente A-86408 da LMT Cabarcos, entra e sae no CS prefabricado 858 Coriñas (proxectado) e remata noutro paso aéreo a subterráneo situado no apoio existente A-86408 da LMT Cabarcos, cunha lonxitude de 150 metros en condutor tipo RHZ1-240 mm.
• Centro de seccionamento prefabricado Cortiñas (858), no cal se instalan dúas celas de liña, unha de protección e unha de protección con transformador de servizos auxiliares.
• Desmontaxe do CS Cortiñas existente e da LMT existente.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; no Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para a autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e de construción a esas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce (12) meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun (1) mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.
Lugo, 7 de outubro de 2020
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo