Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Martes, 3 de novembro de 2020 Páx. 43766

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 19 de outubro de 2020 pola que se notifican as resolucións referenciadas, acordadas nos expedientes administrativos de carácter sancionador, pola comisión de infraccións graves en materia de turismo (TUSAN1 2019/146-1 e tres máis).

Mediante esta cédula e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas físicas e xurídicas que a continuación se mencionan, titulares de establecementos turísticos, as resolucións dos procedementos administrativos de carácter sancionador en materia de turismo por infracción administrativa grave da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia (DOG núm. 216, do 11 de novembro), e que, intentadas polos medios habituais, non se puideron practicar.

As/os interesadas/os poderán examinar os seus expedientes e recoller as resolucións mediante comparecencia nas dependencias desta Axencia Turismo de Galicia situadas na estrada de Santiago-Noia, km 3, A Barcia, de Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, as/os interesadas/os poderán interpoñer recurso de reposición ante a titular da Axencia Turismo de Galicia no prazo dun (1) mes, ou ben recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.b), 14.1 segunda, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Expediente: TUSAN1 2019/146-1.

RITGA-E-2019-008135.

Sancionado: Víctor Manuel Rodríguez Souto.

NIF: 79****18C.

Último enderezo: O Chan das Maroñas, nº 7, O Obre.

Localidade: Noia (A Coruña).

Preceptos infrinxidos: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 901,00 euros.

Expediente: TUSAN1 2019/153-1.

RITGA-E-2019-008313.

Sancionada: Rest-On Marineda, S.L.

NIF: B70****22.

Último enderezo: Estrada Baños de Arteixo, nº 43.

Centro C. Marineda City, local 2.02 BGG 43.

Localidade: A Coruña.

Preceptos infrinxidos: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 901,00 euros.

Expediente: TUSAN1 2019/060-3.

RITGA-E-2019-007203.

Sancionado: Arturo Javier Colmenero Bermúdez.

NIF: 00****29V.

Último enderezo: rúa Cuartelillo, nº 13, Pazos.

Localidade: Verín (Ourense).

Preceptos infrinxidos: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 2.500,00 euros.

Expediente: TUSAN1 2018/027-4.

Sancionada: Sunset Legrand Hostelería y Restauración, S.L.

NIF: B27****66.

Último enderezo: rúa García Barbón, nº 18, baixo.

Localidade: Vigo (Pontevedra).

Preceptos infrinxidos: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: caducidade.

Comunícaselles que, transcorrido o prazo de interposición do recurso de reposición, estas resolucións poñerán fin á vía administrativa e serán, por tanto, executivas, polo que deberán aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte.

O aboamento realizarase mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta axencia de turismo. De non efectuarse o ingreso no período voluntario, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2020

María Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia