Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Martes, 3 de novembro de 2020 Páx. 43768

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 20 de outubro de 2020, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a incoación do 15 de setembro de 2020, ditada no expediente sancionador da Coruña AC-071/20, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse a notificación.

Neste mesmo acto designouse instrutor do expediente a Félix Collazos López, podendo os interesados promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

A resolución do presente procedemento por infracción leve correspóndelle á xefa da Área Provincial da Coruña da Axencia Turismo de Galicia, de acordo co establecido no artigo 26 dos estatutos da devandita axencia, respecto do artigo 4 do Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a citada axencia e se aproban os seus estatutos (DOG nº 193, do 9 de outubro), e respecto do artigo 119.1.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a resolución do presente procedemento sancionador deberá notificarse no prazo dun (1) ano desde a data deste acordo.

Os interesados dispoñerán dun prazo de quince (15) días, conforme o establecido no artigo 82.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para achegar ante o instrutor do expediente, para a súa incorporación a el, cantas alegacións, documentos ou informacións consideren convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretenda valerse, coa advertencia de que, de non formular alegacións no prazo sinalado, este acordo se considerará como proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 64.1 da dita lei.

De conformidade co establecido no artigo 85.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, infórmase a persoa imputada de que a sanción sinalada no acordo de incoación poderá ser obxecto das seguintes reducións: o 20 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade ou pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución) ou o 40 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade e ademais pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución).

A Coruña, 20 de outubro de 2020

A xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña
P.S. (Resolución do 6.10.2020)
Iván Meléndez Meleda
Xefe da Área de Inspección Turística

ANEXO

Expediente: AC-071/20.

Titular: Barlim 2009, S.L.

Establecemento: La Tertulia.

Domicilio: Paseo das Pontes, 8.

Localidade: A Coruña.

Precepto infrinxido: artigo 109.2, alínea b), da Lei 7/2011.

Incoación: 15 de setembro de 2020.

Sanción: multa de setenta e cinco euros (75 €).

Importe de la multa con la aplicación del 20 % de desconto: sesenta euros (60 €).

Importe de la multa con la aplicación del 40 % de desconto: corenta e cinco euros (45 €).