Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Luns, 2 de novembro de 2020 Páx. 43605

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 721/2020-M).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 721/2020 desta sección, seguido por instancia de Complejo Osiris, S.L. contra Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Serena Bahica, Ana María Monteanu, Anastasia Katerin Sarmiento Coldeira e Zully Beatriz Martínez Sandoval, sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola avogada Carmen Argiz Vilar, en nome e representación da empresa Complejo Osiris, S.L., contra a Sentenza do 18 de novembro de 2019, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Ourense en autos 185/2019, sobre procedemento de oficio, seguidos por instancia da Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra a recorrente e contra Serena Bahica, Ana María Monteanu, Anastasia Katerin Sarmiento Coldeira e Zully Beatriz Martínez Sandoval, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución impugnada.

Sen custas.

Decrétase a perda do depósito constituído para interpor recurso. Déase á consignación ou avais efectuados o destino legal oportuno.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez (10) días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano del.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar, no campo Observacións ou Concepto da transferencia, os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandamos e asinamos.

Para que sirva de notificación en legal forma a Bahica Serena, Monteanu Ana María, Sarmiento Coldeira Anastasia Katerin e Martínez Sandoval Zully Beatriz, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza