Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Luns, 2 de novembro de 2020 Páx. 43645

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 20 de outubro de 2020 polo que se notifica resolución de arquivamento no expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/105/2017-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 3 de setembro de 2020, resolución pola que se arquiva o expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/105/2017-RP1, por cumprimento da orde de demolición do 7.6.2019.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Isabel Babarro Porto, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á interesada a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas na rúa dos Camiños da Vida, s/n, 1º andar, no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2020

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística