Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Luns, 2 de novembro de 2020 Páx. 43623

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Coles (expediente IN407A 2020/047-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe, tal e como se recolle no proxecto asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado nº 1534 ICOIIG, en Ourense o día 11.9.2020, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na citada data.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.; CIF: A63222533.

Enderezo: A Batundeira, nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: LMTA, CTI, RBTA Izás.

Situación: Coles, Ourense.

Orzamento: 33.485,43 €.

Características técnicas:

– LMT aérea de 72 m de lonxitude de acometida ao CT Izás, a 20 kV en condutor tipo, LA-56, e 2 apoios tipo C-12/2000-H35, con orixe no apoio nº D42-27-1 existente da LMTA VLL810 e final no CT intemperie proxectado con illamento en aceite mineral, de 100 kVA de potencia aparente e R/T: 20.000/400V, con situación nas seguinte coordenadas UTM: X: 597.107; Y: 4.695.860.

– RBT de 1.127 m en aéreo, en condutor tipo RZ, de seccións 3×150/80, 3×95/54.6, 3×50/54.6, 3×25/54.6 AL mm² e RZ 2×25 AL, segundo o treito previsto en proxecto, con orixe no transformador proxectado.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 9 de outubro de 2020

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense