Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 30 de outubro de 2020 Páx. 43459

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 15 de outubro de 2020, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes C-89/020, conta 87 e C-2004/010, conta 127.

Ante a imposibilidade da notificación persoal nos termos establecidos nos artigos 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, e o lugar de comparecencia será na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer núm. 2, piso 9º, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Unha vez transcorrido ese prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 15 de outubro de 2020

Susana Mª Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Acto obxecto da notificación: notificación da resolución pola que se acorda resolver os contratos de arrendamento das vivendas de promoción pública e comunicación do prazo para a retirada de mobles, que se considerarán abandonados se non son retirados.

Expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/NIF

C-89020 conta 87

Herdeiros de Mª Elena Couceiro Rodríguez

...707D

C-2004/010 conta 127

Herdeiros de Jesús Regueira Añón

...050M