Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 30 de outubro de 2020 Páx. 43460

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 15 de setembro de 2020 polo que se somete a información pública a solicitude de modificación substancial, por ampliación de prazo extraordinario, da concesión outorgada a Marina Náutica Arousa, S.L. para a explotación das instalacións náutico deportivas no porto de Vilanova de Arousa.

Logo de solicitude do concesionario Marina Náutica Arousa, S.L., a presidenta de Portos de Galicia acordou o día 4.9.2020 iniciar o trámite de modificación, por ampliación de prazo extraordinario, da concesión outorgada a Marina Náutica Arousa, S.L. para a explotación das instalacións náutico-deportivas no porto de Vilanova de Arousa.

Para poder xustificar a ampliación de prazo extraordinario segundo o disposto na disposición transitoria segunda da Lei 6/2017 o concesionario acreditou a realización dunha serie de investimentos que ascenden a un total de 92.469,15 € definidos na documentación técnica achegada á solicitude.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada, usando o procedemento xenérico PR0004, ou nun rexistro habilitado para o efecto, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2020

Susana Lenguas Gi
Presidenta de Portos de Galicia