Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 29 de outubro de 2020 Páx. 43104

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 16 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a varios interesados o arquivamento do expediente de expropiación de predios do parque eólico Serra das Penas (expediente 079-EOL).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio notifícase as persoas interesadas o arquivamento do expediente de expropiación para os predios do parque eólico Serra das Penas que se sinalan no cadro que se xunta.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, sita na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas.

Lugo, 16 de outubro de 2020

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-79-EOL.

Denominación: parque eólico Serra das Penas.

Arquivamento expediente de expropiación. Concello de Paradela (Lugo).

Predios

Propietario

175, 176, 177, 190, 191, 192 e 197

Segunda López González

194

Segunda Arias López

241, 248, 252, 253, 283, 321, 335, 366, 366-1, 383 e 418

María Esther López Díaz

285, 295 e 333

Hdos. de Manuel López López

Antonio Gómez Castro

Mª Carmen López López

285, 295 e 333

Sofía López López

317 e 401

Esther López Pérez