Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 29 de outubro de 2020 Páx. 43102

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 15 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, polo que se lles notifica a varias persoas interesadas a solicitude de declaración de utilidade pública do proxecto sectorial de ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño, situada en Alvedro (Culleredo).

Mediante a Resolución do 11 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sometéronse á información pública as solicitudes de aprobación definitiva do proxecto sectorial de ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño, situada en Alvedro (Culleredo), e de declaración de utilidade pública das obras e instalacións proxectadas, publicada no DOG núm. 196, do 28 de setembro.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo para seren notificadas por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma logo dos intentos efectuados, ou por resultar descoñecida a persoa interesada ou o seu enderezo.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, sita no Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Unha vez transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2020

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Procedemento: declaración de utilidade pública do proxecto sectorial de ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño.

Municipios afectados: Culleredo (A Coruña).

Persoa interesada

Referencia catastral da finca afectada

Barral Lousada María

15031A00500262

Catrufo Bermúdez Santiago

15031A00500185

Doldan Ramos José

15031A00500204

Fernández Vales Rosa Albinia

15031A00500168

Iglesias Domínguez Eulalia

15031A00500199

Iglesias Domínguez Margarita

15031A00500199

Iglesias Domínguez María Jesús

15031A00500199

Mariscal Gantes Jorge

15031A00500171

Morano Gómez Servando

15031A00500274

Ordóñez Casimira

15031A00500166

Ramos Calvete Mercedes

15031A00500202

Santamariña Rodríguez Francisco

15031A00500168