Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 28 de outubro de 2020 Páx. 42898

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2020 pola que se nomea profesorado de corpos docentes universitarios (TU1901).

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados mediante Resolución desta universidade do 3 de marzo de 2020 (BOE do 16 de marzo), e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base 7ª da convocatoria,

Esta Reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (BOE do 24 de decembro), modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que se deberán efectuar no prazo máximo de vinte (20) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Se o último día do prazo for inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición, ante o reitor, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da dita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

Vigo, 19 de outubro de 2020

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Código:

TU1901-T08-398-TU-TC-01

Corpo:

profesor/a titular de universidade

Área de coñecemento:

A0398 Física da Terra

Departamento:

D00t08 Física Aplicada

Centro de traballo:

310 Facultade de Ciencias do Mar

DNI:

***6455**

Nome e apelidos:

Juan Antonio Añel Cabanelas

Código:

TU1901-T08-398-TU-TC-02

Corpo:

profesor/a titular de universidade

Área de coñecemento:

A0398 Física da Terra

Departamento:

D00t08 Física Aplicada

Centro de traballo:

107 Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo

DNI:

***7276**

Nome e apelidos:

Alejandro Jacobo Cabrera Crespo

Código:

TU1901-T08-385-TU-TC-01

Corpo:

profesor/a titular de universidade

Área de coñecemento:

A0385 Física Aplicada

Departamento:

D00t08 Física Aplicada

Centro de traballo:

310 Facultade de Ciencias do Mar

DNI:

***6351**

Nome e apelidos:

Luís Lugo Latas

Código:

TU1901-T08-385-TU-TC-02

Corpo:

profesor/a titular de universidade

Área de coñecemento:

A0385 Física Aplicada

Departamento:

D00t08 Física Aplicada

Centro de traballo:

311 Facultade de Química

DNI:

***0591**

Nome e apelidos:

Verónica Salgueiriño Maceira