Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 28 de outubro de 2020 Páx. 42900

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2020 pola que se nomea profesorado contratado doutor (CD1901).

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados mediante Resolución desta universidade do 3 de marzo de 2020 (DOG do 16 de marzo) e presentada polas persoas propostas a documentación á que fai referencia a base 7ª da convocatoria.

Esta Reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (BOE do 24 de decembro), modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberán efectuarse no prazo máximo de vinte (20) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo fose inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

Vigo, 19 de outubro de 2020

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

1.

Código:

CD1901-T04-555-DO-TC-01

Corpo:

profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A0555 Enxeñería química

Departamento:

D00t04 Enxeñería química

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñería Industrial

DNI:

***8036**

Nome e apelidos:

Francisco Javier Deive Herva