Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 28 de outubro de 2020 Páx. 42911

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (611/2019).

Procedemento ordinario 611/2019

Sobre ordinario

Demandante: Ángel José Mengual Ortells

Graduado social: Juan Alberto Campos Couso

Demandados: Fogasa, Bodega JJ Masoliver, S.L.

Avogado/a: letrado do Fogasa

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento 611/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel José Mengual Ortells contra a empresa Bodega JJ Masoliver, S.L., ditouse auto de aclaración de Sentenza do 16.9.2020 contra o que non cabe recurso ningún, que se encontra á súa disposición na oficina xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Bodega JJ Masoliver, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 5 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza