Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 28 de outubro de 2020 Páx. 42912

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (482/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Paula Couso Guimeráns contra Nexia Infraestructuras, S.L.U., o Fogasa e Realcom Maquinaria, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co nº de procedemento ordinario 482/2020, acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Nexia Infraestructuras, S.L.U. e Realcom Maquinaria, S.L., en paradoiro ignorado, co fin de que compareza o día 10.6.2021 ás 11.10 e 11.15 horas, na planta 1, sala 15 do Edificio da rúa Hortas, para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Poden comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que intenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado ou por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Nexia Infraestructuras, S.L.U. e Realcom Maquinaria, S.L., expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 5 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza