Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 27 de outubro de 2020 Páx. 42741

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballeda de Avia

ANUNCIO da aprobación do Plan parcial en Portaprado.

O Pleno Municipal, na sesión do 25 de setembro de 2020, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan parcial en Portaprado.

Segundo. Publicar a aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Terceiro. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, a consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Cuarto. Notificar individualmente a aprobación definitiva do Plan parcial a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados ás cales xa se lles notificou a súa aprobación inicial, de conformidade co artigo 186.4 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

O contido íntegro do Plan parcial aprobado e do Plan de medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do dito plan, pódese consultar nas dependencias municipais ou na páxina web do Concello, no enderezo www.carballedadeavia.es.

Carballeda de Avia, 21 de outubro de 2020

O alcalde
P.D. (Decreto do 2.7.2019)
Noemi Alonso Cubo
Concelleira delegada de Urbanismo