Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 26 de outubro de 2020 Páx. 42534

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2020 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes á realización do primeiro exercicio (probas de lingua galega) do proceso selectivo para cubrir seis prazas na categoría profesional de técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde.

Mediante a Resolución reitoral do 3 de outubro de 2019 (DOG do 16 de outubro e BOE do 25 de novembro de 2019), convocáronse probas selectivas para cubrir seis prazas da categoría profesional técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde, grupo III, dúas pola quenda de promoción interna e catro pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 14 de xaneiro de 2020 (DOG do 28 de xaneiro), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo, e consonte o establecido na base 4.5 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas polas quendas de promoción interna e de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Declarar que non hai persoas aspirantes pola quenda de promoción interna.

Terceiro. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na páxina web https://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html.

Cuarto. Convocar as persoas aspirantes admitidas que non están exentas deste exercicio, para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición (probas de lingua galega), o día 4 de decembro de 2020, ás 9.00 horas, na aula 5 da Facultade de Bioloxía, Campus Vida (rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios efectuaraa o tribunal, nos locais onde se realice a proba anterior, no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o dito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2020

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela