Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 26 de outubro de 2020 Páx. 42593

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 13 de outubro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo PO 87/2020 fronte á Resolución do 14 de xuño de 2019 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de xuño de 2019, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural (Diario Oficial de Galicia número 114, do 18 de xuño de 2019).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso administrativo PO 87/2020, fronte a Resolución do 14 de xuño de 2019 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de xuño de 2019 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural (DOG núm. 114, do 18 de xuño).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a achega do correspondente expediente administrativo á referida Sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na referida Sala no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública