Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 26 de outubro de 2020 Páx. 42594

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 8 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2019-132 e cinco máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 46.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial, instrutor e instrutora.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2,-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 8 de outubro de 2020

Cristina Carríón Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

Acto adoptado por

CO-RES-2019-132

José Antonio Feal Allegue

Primeira multa coercitiva

Xefa territorial

CO-RES-2020-011

Olegario Blanco Antón

Proposta resolución

Instrutor

CO-RES-2020-015

Angel Jesús Sánchez Dacoba

Proposta resolución

Instrutor

CO-RES-2020-025

Borja Díaz Roca

Proposta resolución

Instrutor

CO-RES-2020-040

Estrella Montoya Jiménez

Resolución

Xefa territorial

CO-RES-2020-068

Stelica Dimitur

Proposta resolución

Instrutora