Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 23 de outubro de 2020 Páx. 42373

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (DOI 378/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 378/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Ángel Vilar Santos contra Construcciones Figueiras Vixán, S.L. e Fogasa, S.L., sobre despedimento, se ditou sentenza con data do 25 de setembro de 2020 co número 157/2020 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Estimar a demanda formulada por Miguel Ángel Vilar Santos contra a demandada Construcciones Figueiras, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, declarando a improcedencia do despedimento e, así mesmo, declaro extinguida a relación laboral con efectos do 18 de novembro de 2019 e condeno a empresa demandada a que aboe ao demandante a cantidade de trinta e seis mil oitocentos sesenta e dous euros con cincuenta céntimos en concepto de; así mesmo, condeno a mercantil Construcciones Figueiras, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade global de tres mil oitocentos noventa e tres euros con dezasete céntimos brutos.

Ningunha responsabilidade alcanza o Fogasa nesta instancia.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírteselles que contra a presente resolución poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lles practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Santander a nome desta oficina xudicial co número 0049 3569 9200 0500 1274, e deberá indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “34 Social Suplicación”, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, en caso de ser condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario no primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Figueiras, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza