Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 20 de outubro de 2020 Páx. 41801

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO de notificación de sentenza (PO 781/2019).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento ordinario 781/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Maria Inés López Fernández contra José López López sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución é do seguinte teor literal:

«Resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda formulada por María Inés López Fernández contra a empresa López López, José (Cafetería Chokolat) e, en consecuencia, declaro a procedencia da reclamación da parte demandante e condeno a empresa demandada a aboarlle a cantidade de mil cincocentos cincuenta e seis euros con corenta e dous céntimos de euro (1556,42 euros) polos conceptos reclamados na presente demanda, importe que se deberá incrementar co xuro do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. Paula Ventosa Bermúdez, maxistrada xuíza de adscrición territorial do TSXG adscrita ao Xulgado do Social número 1, onde exerce funcións de reforzo.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a López López, José (Cafetería Chokolat), en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 25 de setembro de 2020

O letrado da Administración de xustiza