Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 20 de outubro de 2020 Páx. 41798

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (542/2017).

Eu, Sinesio Novo Fernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 542/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Mancebo Mancebo contra Revestimientos Técnicos de Galicia, S.L. e o Fogasa sobre ordinario, foi ditada resolución no 25.9.2020 contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, facéndolles saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Revestimientos Técnicos de Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de setembro de 2020

O letrado da Administración de xustiza