Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 16 de outubro de 2020 Páx. 40190

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 23 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución ditada no procedemento administrativo tramitado por esta entidade (expediente 2002/211-36).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado á persoa citada no anexo a resolución ditada no procedemento administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta no expediente tramitado nesta xefatura territorial.

Para o coñecemento íntegro da resolución, emprázase a persoa interesada por si ou a través do seu representante legal para que no prazo de dez (10) días hábiles, computados desde o día seguinte á publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, compareza nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial en Vigo, da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal nº 8, 1º andar, Vigo, de luns a venres laborais e en horario das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírteselle que contra a resolución poderá interporse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous (2) meses desde o día seguinte á notificación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 13 de xaneiro de 2020

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: 2002/211-36.

DNI: 35298842Y.

Acto que se notifica: resolución administrativa de data 25 de novembro de 2019

Efectos xurídicos que produce a resolución: mantemento e modificación de medida administrativa.