Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 14 de outubro de 2020 Páx. 39839

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 67/2020).

Eu, Elena Pereira Bernárdez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 67/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Estefanía González Muñiz contra Iglesias Garaboa y Otra, C.B. e o Fogasa, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza: Belén Menéndez Medel.

Santiago de Compostela o sete de setembro de dous mil vinte.

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar a executada Iglesias Garaboa y Otra, C.B. en situación de insolvencia total por importe de 6.653,03 euros en concepto de principal (4.855,74 euros en concepto de salarios, horas non compensadas, vacaciones, indemnización, e 1.797,29 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 665,30 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens da executada.

c) Unha vez asine a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva, para os efectos de publicidade, a declaración de insolvencia de Iglesias Garaboa y Otra, C.B., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza