Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 14 de outubro de 2020 Páx. 39831

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas

EDICTO de notificación de sentenza (JVB 36/2018).

Eu, María Lorenza Fernández Calaza, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 1 de Ponteareas, anuncio que no presente procedemento, seguido por instancia de Electricidade Bimca, S.L. contra Julio Álvarez Cobela, foi ditada sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva din:

«Sentenza nº 47/2020.

Ponteareas, trece de maio de dous mil vinte.

Vistos por min, Juan Laborda Rodríguez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 dos desta cidade e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo verbal sobre reclamación de cantidade, seguidos co nº 36/2018, no cal interviñeron, como demandante, Electricidad Bimca, S.L., representada pola procuradora Sra. Cabaleiro Barciela e asistida da letrada Sra. Moreira Freire e, como demandado, Julio Álvarez Cobela, en situación de rebeldía, dito a presente resolución en razón dos seguintes […]

Decido:

Estimar integramente a demanda deducida a pedimento de Electricidad Bimca, S.L. contra Julio Álvarez Cobela e, en consecuencia, condénoo a aboar á primeira a cantidade de tres mil cento sesenta e dous euros con vinte e cinco céntimos de euro (3.172,25 €), aumentada no xuro legal producido desde o día 2 de xaneiro de 2018, sen prexuízo de que a cantidade así determinada se incremente no xuro legal máis dous puntos desde a data da presente sentenza. Notifíquese a presente resolución ás partes en forma legal, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial, que se presentará por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación. Para a presentación do devandito recurso é necesaria a constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado, cos datos relativos ao recurso e á conta expediente, polo importe de 50 euros, de acordo co establecido na disposición adicional décimo quinta da LOPX e polo importe previsto en tal norma, o que deberá ser acreditado cando a formulación do recurso.

Así o pronuncia manda e asina, por esta sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, Juan Laborda Rodríguez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas, do que eu, a letrada da Administración de Xustiza, dou fe».

E atopándose o devandito demandado, Julio Álvarez Cobela, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ponteareas, 13 de maio de 2020

A letrada da Administración de xustiza