Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 14 de outubro de 2020 Páx. 39895

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2020 pola que se notifica a resolución do expediente CED 08/2019.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente resolución notifícaselle ao interesado o contido da resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da lei mencionada. O expediente relacionado atópase á disposición do interesado para que, de ser o caso, poida consultalo no Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, sito na rúa Espiñeira, número 10 baixo, 15706, Santiago de Compostela.

Advírtese ao interesado que, contra a resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución. Non obstante, previamente, poderá interpoñer un recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2020

Mª Rosa Álvarez Prada
Decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

DNI

CED 08/2019

Manuel Maneiro Queiruga

***0610**