Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 13 de outubro de 2020 Páx. 39715

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de reforma interior da UA 46.

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria celebrada por medios telemáticos o xoves 30 de xullo de 2020, aprobou inicialmente o Plan especial de reforma interior da UA 46, situada en Oseiro (expediente 2020/U035/000001-22/2018 PERI), asinado polo arquitecto José Antonio Martínez Lema e tramitado por instancia de José Luis Chouciño Garrido e Carmen Blanco Veiga.

En virtude do disposto polos artigos 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 186.1.a) do Regulamento de planeamento, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, o expediente de referencia queda sometido a información pública polo prazo de dous meses, mediante anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia.

Durante este período quedará o expediente ao dispor de calquera que queira examinalo ou obter copias para que se presenten as alegacións que se cosideren pertinentes, e estarán ao dispor dos interesados na sede electrónica deste concello.

Así mesmo, acordouse suspender o outorgamento das licenzas nas áreas afectadas pola aprobación do Plan especial, e que son as seguintes parcelas con referencia catastral:

1568701NH4916N0001IU

1568702NH4916N0001JU

1669303NH4917S0001UO

Arteixo, 7 de setembro de 2020

O alcalde
P.D. (Decreto 1546/2020, do 10 de xullo)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro delegado de Urbanismo e Patrimonio