Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 13 de outubro de 2020 Páx. 39714

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 24 de setembro de 2020, da Área Provincial de Lugo, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente LU-5/2020.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a persoa que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) de Lugo.

A comparecencia deberase efectuar na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Lugo, no edificio administrativo sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 24 de setembro de 2020

A xefa da Área Provincial de Lugo
P.S. (Resolución do 29.6.2017)
José Luis García-Arévalo Herrero
Xefe da Unidade Xurídico-Administrativa

ANEXO

Expediente: LU-5/2020.

DNI: 36088053H.

Acto obxeto de notificación: proposta de resolución de expediente sancionador.