Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 13 de outubro de 2020 Páx. 39674

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 147/2019).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 147/2019 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Hind Jaouad contra a empresa Ivanilde Pereira Dasilva, sobre despedimento, se ditou decreto de insolvencia con data do 18 de setembro de 2020, impugnable en revisión no prazo de tres días, o cal se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ivanilde Pereira Dasilva, en ignorado paradoiro, expido a presente cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 18 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza